Gal - Esp

A túa clínica de estética e centro médico en Ourense

Currículo do Dr. Suárez

Cal é a formación do Dr. Suárez?

É médico especialista en Endocrinoloxía e Nutrición e ten un Máster en Medicina Estética.

Onde se especializou como endocrinólogo?

Especializouse como MIR no CMN “Marqués de Valdecilla”, de Santander, un dos hospitais máis prestixiosos de España.

E dende cando exerce en Ourense?

Ten consulta aquí dende o ano 1987.

Pertence a algunha asociación médica?

É membro fundador da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición, da Sociedad Española de Endocrinología y Nutrición e da Sociedad de Nutrición y Dietética de Galicia.

Que cargos de responsabilidade leva ocupado?

Foi Secretario e Tesoureiro da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición.

Foi vogal de Medicina Privada no Colexio de Médicos de Ourense.

É Tesoureiro da Asociación de Médicos Empresarios.

Que labores de investigación leva desenvolvido?

Leva presentado comunicacións en congresos i encontros de Endocrinoloxía, Nutrición e Mediciña Estética e publicado artigos en congresos e revistas nacionais e internacionais.

Cales son as áreas de investigación nas que ten maior interese?

Interésalle a aplicación práctica e a utilidade social da súa formación médica. Citamos así algúns exemplos:

  • Área de Endocrinoloxía:
    • - Ten feito estudos sobre o bocio endémico en Galicia e foi o primeiro en alertar da aparición de hipertiroidismos como consecuencia da campaña do sal iodado.
    • - Formou parte da Comisión Asesora de Diabetes do goberno galego.
  • Área de Nutrición:
    • - Realizou un estudo sobre a alimentación nos comedores escolares en Ourense.
    • - Presentou dúas conferencias na Universidade Rey Juan Carlos sobre a fame nos campos de concentración nazi.
    • - É un dos autores do libro “Cuando la Medicina no cura”, sobre este último tema.

Que labores de docencia leva desenvolvido?

É profesor do C. S. de Dietética.

Leva participado como coordinador de centro asociado en Programas Europeos Comenius. Leonardo i Erasmus+.

E por que, sendo endocrinólogo, fai igualmente Medicina Estética?

Unha das áreas máis requiridas na consulta do endocrinólogo é a relacionada cos problemas de peso. O Dr. Suárez ten bos resultados no tratamento destes problemas, pero as súas pacientes con frecuencia víñanlle pedindo solucións para problemas estéticos asociados. É por iso que decidiu formarse nesta área.

E onde se formou?

Na área de Medicina Estética hai que asegurar unha formación regrada e oficial, e por iso decidiu facer o Máster de Medicina Estética durante máis dun ano nun dos centros que mellor preparación ofrecen, a Universidade Rey Juan Carlos.

E participa nos encontros científicos desta área?

Así é, e ten presentado tamén neles algunha comunicación.

Hai algunha outra área do seu interese?

Dende hai cinco anos participa na ONG “Pan y Vida”, que preside a súa esposa, e que ofrece axuda a nenos e mozos na Rep. Dominicana; ocupa as súas vacacións nese labor. Ultimamente centran o traballo na axuda a nais adolescentes.

E ten feito algún labor de investigación sobre o tema?

Coordinou un estudo desta ONG sobre a situación sociosanitaria nunha provincia tan coñecida polo turismo, como Bávaro-Punta Cana, pero cunhas eivas nutricionais serias na poboación autóctona, especialmente a infantil. Ese estudo foi obxecto dun amplo artigo nun dos xornais máis coñecidos da R. Dominicana.