Clínica de medicina estética en Ourense

Tratamentos faciais e corporais

O noso obxetivo cos tratamentos de medicina estética é frear o paso do tempo e minimizar os signos de avellamento que máis preocupan aos nosos pacientes.

Ademais, en Clínica Suárez en Ourense, tamén nos enfocamos en reducir os inestetismos por asimetría ou desproporción que cohiben a un gran número de persoas, especialmente aos máis novos.

En tódolos casos a nosa intervención profesional aborda cada procedemento sempre priorizando a naturalidade, a harmonía e a proporción, que garanten o bo facer profesional e o mellor resultado. Por iso, en Clínica Suárez deseñamos os nosos tratamentos de maneira personalizada, cunha abordaxe integral e respetuosa cos trazos, expresividade e características individuais, o que asegura a plena satisfación dos nosos pacientes.

Medicina estética facial

  • Remodelación facial
    Termo que fai referencia ao reposicionamento de estruturas faciais que perderon definición e textura, ou se desprazaron lixeiramente. Tamén á corrección de inestetismos por defecto de volume, desproporción ou outras causas, fisiolóxicas ou traumáticas. Entre outros tratamentos, ocupámonos de:
    • Reposicionamento de pómulo
    • Elevación de cellas, corrección de asimetrías en cellas
    • Corrección non cirúrxica de queixo afundido
    • Marcaxe de liña mandibular, rexuvenecemento de óvalo facial
    • Voluminización facial 3D
    • Lifting facial non cirúrxico
    • Redefinición facial Full face
  • Rexuvenecemento facial
    Hoxendía é posible frear e, mesmo, reverter os signos do avellamento no rostro por medio de diferentes técnicas e tratamentos que logran de maneira moi natural recuperar os rasgos de mocidade e eliminar ou reducir considerablemente as enrrugas e a flacidez facial; conseguen restaurar a perda de graxa subcutánea, rexuvenecer a mirada, etc. Os nosos protocolos médico estéticos obteñen resultados espectaculares entre outros, en eliminación e corrección de:
    • Bulsas palpebrais, olleiras afundidas, olleiras escuras
    • Engurras frontais e patas de galo
    • Exceso de pel palpebral ( blefaroplastia non cirúrxica)
    • Código de barras
    • Liñas de marioneta
    • Beizos adelgazados, indefinidos, secos
  • Re-hidratación e re-vitalización da pel
    A atención polo aspecto (a textura, a cor, o equilibrio e a hidratación) do pel do rostro é imprescindible para proxectar unha imaxe propia saudable, coidada e xeitosa. É a nosa primeira carta de presentación ante os demais. É por esta razón que no noso centro ofrecemos tratamentos combinados que son moi eficaces para eliminar ou reducir:
    • Acne e cicatrices de acne
    • Rosácea e pel sensible
    • Manchas, léntigos solares, melasma, etc.
    • Xantelasmas, verrugas, lunares, etc.

Medicina estética corporal

A nosa unidade de medicina estética corporal ofrece diferentes dispositivos e tratamentos que, combinados, resultan moi eficaces para lograr un corpo mais estilizado e rexuvenecido, eliminando aqueles inestetismos que tanto molestan e cohiben a quen os padece.

Os nosos protocolos céntranse en dar unha resposta óptima en:

  • Remodelación corporal
    Tratamos adiposidades localizadas en abdome, xeonllos, brazos, flancos, etc.
  • Flacidez corporal
    Diferentes tratamentos combinados permítennos traballar con éxito para minimizar a flacidez en brazos, coxas, xeonllos, glúteos, etc.
  • Celulites
    Un problema que afecta a máis de 60% das mulleres europeas, non só se localiza nas pernas, senón tamén nos brazos. Tratamos a celulite en todos os seus graos. Resultados espectaculares en celulites fibrosa e edematosa. Está asociada ás temidas arañas vasculares, que tamén tratamos.
  • Rexuvenecemento de pescozo, escote e mans
    Ocupámonos de minimizar a graxa da papada e corriximos a flacidez na pel do pescozo.
  • Redensificación cutánea e eliminación de inestetismos
    Tratamos estrías, cicatrices, manchas, lunares, verrugas, etc.

Medicina estética capilar

Analizamos o estado de perda de cabelo e actuamos cando aínda é posible reverter o proceso. Diferentes técnicas e aparatoloxía combinada permítennos conseguir a redensificación capilar e, dependendo do grao de alopecia, conseguir crecemento de pelo novo.

Así mesmo, tratamos os implantes capilares.

Tes dúbidas sobre os tratamentos de medicina estética de Clínica Suárez?

Se queres máis información sobre algún dos tratamentos de medicina estética faciais ou corporais non dubides en poñerte en contacto co noso equipo de profesionais.

Contactar