Todos temos escoitado de alguén que fixo unha dieta proteinada e baixou de peso rápidamente e sen moito esforzo. Parecería que son as dietas ideais pra adelgazar, pero non son recomendables pra tódolos pacientes e requiren una seguimento especializado, porque doutro xeito poden ter consecuencias nada desexables.
¿En qué consisten as dietas proteinadas?
Son dietas con restrición marcada de hidratos de carbono. Hai moitos anos que o Dr. Atkins propuxo este tipo de dieta, pra conseguir perdas significativas de peso; dende entón, de cando en vez alguén propón un tipo de dieta semellante, á que lle dá un nome diferente, pero o principio é o mesmo.
¿Cómo funcionan as dietas proteinadas?
Cando sometemos ao corpo a unha restrición estrita de hidratos de carbono, o corpo bota man de proteínas e graxa pra obter enerxía. Que utilice graxa é interesante; ademais, ao non dispoñer abondo de hidratos de carbono, en poucos días o metabolismo da graxa desvíase cara a vía dos corpos cetónicos, e estes provocan unha certa diminución de apetito, que o paciente agradece no seu proceso de perda de peso.
¿E qué pasa cas proteínas?
Esta é a outra cara do asunto: en toda dieta gástanse inevitablemente proteínas, cousa que ninguén desexa, pero neste tipo de dietas das que falamos pérdense aínda maiores cantidades de proteínas. Aquí temos un problema que moitas destas dietas non resolven, pero as proteinadas –por eso chámanse así– aportan cantidades adicionais de proteínas facilmente asimilables, pra tentar compensar esa perda de proteínas.
¿Hai algunha outra alteración que se produza nestas dietas?
Pérdese moita auga, eleutrolitos e minerais, e ademais estas dietas aportan cantidades insuficientes de certas vitaminas. Por esta razón, as dietas proteinadas deben acompañarse de suplementos axustados destes elementos, ademais de cantidades abondo de auga. Caso de non controlarse e compensarse estes déficits debidamente, poden aparecer problemas serios.
¿Qué resultados se obteñen?
Cando están debidamente controladas, os seus resultados son escelentes, cunha perda inicialmente rápida de peso, que se acompaña de perda de apetito, o que facilita o seu seguimento. Ademais, algúns pacientes descreben que se senten con máis folgos. Pero só algúns pacientes son susceptibles de seren tratados con este método dietético.
¿Qué coidados hai que ter?
Primeiro, hai que seleccionar ben en qué pacientes está indicada. Só un grupo limitado de persoas se pode beneficiar delas, e hai pacientes nos que está definitivamente contraindicada.
Ademais, hai que facer controis clínicos e analíticos con certa frecuencia, pra asegurar que non aparecen problemas, porque unha dieta deste tipo sen control pode provocar desequilibrios con consecuencias de importancia.
¿Entón non pode facela calquera?
Non. Require unha revisión clínica axeitada inicial e os controis indicados. Controlada por un médico especialista e debidamente formado no seu manexo, os resultados son bos i é unha dieta segura, pero se non é así pode haber problemas serios. Non é unha dieta pra facer sen o seguimento dun médico formado no tema, nin moito menos pra facer ninguén pola súa conta.
¿Qué resultados hai a longo prazo? ¿Hai efecto rebote?
Outra vez, se non se realiza baixo o control dun médico esperimentado, pode fracasarse fácilmente. Prodúcese unha perda rápida de peso, pero non é unha dieta que se poda manter de xeito prolongado, polo que hai que facer unha transición progresiva e axustada cara unha dieta ca que se poida establecer unha perda de peso máis suave e logo manterse, modificando hábitos alimentarios.
Dr. X. Manuel Suárez - Endocrino