Saúde e beleza para el e para ela
Clínica de endocrinoloxía, nutrición e medicina estética en Ourense
Clínica Suárez somos o único centro médico de Galicia que integra as especialidades de Endocrinoloxía, Nutrición e Medicina Estética.
As nosas instalacións, situadas no mesmo corazón da cidade de Ourense, proporcionan aos nosos pacientes o máximo confort e unha privacidade óptimos.
Clínica Suárez está dirixida polo Doutor Xesús Manuel Suárez García, quen conta con máis de 35 anos de experiencia ao servizo da cidade de Ourense.
Así mesmo, contamos cun equipo profesional multidisciplinar altamente cualificado, que se mantén á vangarda dos avances que se producen en medicina estética, e recibe formación continuamente; iso permítenos ofrecer os tratamentos máis innovadores e eficaces, xa que incorporamos todas aquelas técnicas, produtos e equipos médicos que de verdade son eficaces para obter resultados reais e evidentes. Por todo iso somos os máis recomendados.
Tratamentos de medicina estética en Ourense
O obxetivo dos tratamentos de medicina estética que ofrecemos en Clínica Suárez en Ourense é frear o paso do tempo e minimizar os signos da idade que máis preocupan aos pacientes que nos visitan.
Servizos de endocrinoloxía e nutrición en Ourense
Na nosa clínica contamos cos servizos do Dr. Suárez, experto en endocrinoloxía e nutrición. Dentro dos nosos servizos diagnosticamos e tratamos problemas hormonais, metabólicos, diabetes...
Contamos con tres novas técnicas!
En Clínica Suárez traballamos para ofrecer aos nosos clientes sempre os tratamentos máis innovadores dentro do sector da endocrinoloxía, a nutrición e a medicina estética en Ourense.
É por iso que na actualidade contamos con:
- Balón intragástrico: técnica que utilizamos unicamente en pacientes seleccionados sen necesidade de endoscopia. Este tratamento axuda a conseguir unha perda moi relevante de peso.
- IPL: esta técnica utilízase no tratamento de manchas, lesións vasculares así como para conseguir resultados de rexuvenecemento facial.
- Fíos tensores: úsanse para o tratamento da flacidez tanto corporal como facial. Con esta técnica conseguimos resultados moi naturais e duradeiros.
Últimas noticias de Clínica Suárez
A actualidade do noso blog
¡Coñece o que opinan os nosos pacientes sobre os tratamentos!
Contacta co equipo de Clínica Suárez en Ourense
Nº Rex. Sanitario: C-32-000833
Se queres máis información sobre algún dos tratamentos de medicina estética, endocrinoloxía e/ou nutrición que ofrecemos en Clínica Suárez non dubides en poñerte en contacto co noso equipo.