Recomendacións dietéticas, e algunha máis, para días de confinamento por Covid-19

Publicado: 24 de marzo de 2020, 16:16
  1. Noticias
Recomendacións dietéticas, e algunha máis, para días de confinamento por Covid-19

Estes días de aillamento obrigado na casa poden ser una oportunidade ou un perigo para moitas cousas, e una delas é o noso xeito de comer.

Todos sabemos que hai momentos de perigo para entrar a comer compulsivamente, como por exemplo as situacións de ansiedade, pero tamén as de aburrimento. Abrir a neveira e comer do que haxa, dende embutidos a larpeiradas, é una reación inconscente ca que tentamos aliviar esa sensación de desacougo que acompaña ó aburrimento. Incorporamos así inxestas con elevado contido calórico – especialmente de graxas e azucres– que botarán por terra meses de axuste dietético.

  • O primeiro que debemos facer é decatarnos de que estamos espostos a esta tentación e tomar medidas sinxelas como pararnos cando vaiamos cara a neveira e decidir agardar cinco minutos antes de abrir a porta.

Será importante ordear o noso tempo, e para eso axuda moito manter un horario constante de comidas, con cinco inxestas (almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea) programadas en horas razoables, evitando caer na anarquía de horarios.

O contido da comida debe ser o habitual cun reparto axeitado de principios inmediatos (a pirámide dos alimentos pode ser una boa guía) e, no caso de persoas en tratamento dietético, manter os criterios dietéticos que nos indicou o endocrino

  • Evitemos os picoteos. A comida non resolve a ansia do aburrimento e comer fóra de horas chilindradas é una penosa maneira de ocupar o tempo.

Temos que ter especial coidado co alcohol, esa cervexiña ou ese viño que en condiciòns habituais supoñen una inxesta ó día como moito, pero en situacións como a que estamos a vivir poden incrementarse; conteñen unha cantidade de calorías elevada.

  • Pero a dieta empeza antes: cando vaiamos mercar, é bo facer una listaxe previa do que temos que mercar. Debemos evitar caer na ansia e mercar máis do necesario; todo indica que non haberá problemas de subministro de alimentos e non hai razón para acaparar sen sentidiño. Evitemos ir mercar en horas nas que esteamos con fame, porque eso condicionará o tipo e cantidade de comida que collamos. E non metamos no cesto larpeiradas ca desculpa de que as percisan os nenos, porque os nenos certamente poden sobrevivir sen elas, e ó final acabámolas comendo nós.

 

  • É útil facer táboas de exercicios, e hai moitos recursos en internet pra esto. De feito, pra aqueles que non se moven nada, estes días poden ser una boa oportunidade de deprender a facer exercicio regularmente na casa.

¿E os nenos? O primeiro que lles digo ós país é que os nenos deprenden máis do que nos ven facer ca do que lles dicimos que deben facer. Se a un neno lle dicimos que non debe tomar larpeiradas pero nos ve comelas cando estamos aburridos, aprenderá que a larpeirada é una boa solución para o aburrimento ou a ansiedade. E non caiamos na tentación de ceder ós seus requerimientos e darlles o que piden pra que calen dunha vez, porque deprenderán que, se insisten e se ponen pelmas, terán todo o que queren.

Temos que acordar cos nosos fillos os horarios de tablet, móvil, ordeador ou TV, pero neso temos que lles dar exemplo nós mesmos.

Manter os horarios é especialmente importante nos nenos, pero sobre todo nos adolescentes; imos botar semanas de aillamento e non é razoable que os nosos mozos as boten erguéndose a mediodía. A anarquía nos horarios é una das causas principais de obesidade.

Disque na China aumentou a cantidade de divorcios. Estar na casa convivindo xuntos tanto tempo pode supor un risco de roce, intolerancia, crispación e conflito ou pode ser una oportunidade de acougar, falar, compartir e divertirse xuntos; eso depende de nós. Para o matrimonio pode ser una oportunidade de volver facerse as veiras, descubrir cousas que foron quedando aparcadas sen compartir, deseñar novos proxetos ou sinxelamente falar sen orde do día e folgar xuntos.

Estes días serán una oportunidade de volver xogar cos nenos, recuperar a diversión con eles, arrastrase con eles polo chan ou, por qué non, romper algún cristal co balón ¡ben vale a pena!

E non teremos moitas máis oportunidades para falar cos fillos adolescentes, porque xa pronto deixarán o fogar; son estes días os propios para recuperar a comunicación con eles, perguntarlles i escoitarlles, amosar a nosa curiosidade por coñecer o que lles interesa, sentarse con eles e pedirlles que che espliquen a música que lles gosta e ti non entendes, perguntarlles qué están lendo.

E, por favor, comede todos xuntos, que non xante cada ún cando lle peta, recuperade o hábito de comer en familia e mentres comades apagade o TV: é o peor inimigo da convivencia familiar e o maior amigo da obesidade.

Se ocupamos produtivamente o tempo nestas cousas, evitaremos esa sensación de aburrimento e perda de tempo que é o maior estimulante para a inxesta compulsiva. Perderemos peso e gañaremos riqueza familiar.

Aproveitade ben o tempo, que esto vai para longo. Poida que máis do que pensamos.

Noticias relacionadas

Cuidados faciales para la década de los 30 8 sep

Cuidados faciales para la década de los 30

08/09/2020 Noticias
El objetivo de los tratamientos de Medicina Estética en la década de los 30 debe ser la prevención y el tratamiento de las primeras arrugas, la mejora de la textura de la piel y la unificación del tono de la misma. Principales daños faciales que se dejan ver en la década de los 30 Los rellenos
Tratamientos de hidratación facial 4 sep

Tratamientos de hidratación facial

04/09/2020 Noticias
Tratamiento de hidratación facial Todos necesitamos hidratar la piel del rostro a diario. Y aún así no siempre es suficiente. El uso de cosméticos inadecuados, la exposición solar sin protección o escasa protección, una mala alimentación, la contaminacón, los cambios hormonales, los procesos de
¿A qué ayudan las luces LED en el cuidad de la piel? 1 sep

¿A qué ayudan las luces LED en el cuidad de la piel?

01/09/2020 Noticias
Beneficios de la tecnología de luces LED en Medicina Estética Las luces LED son luces con características y colores específicos que mantienen propiedades beneficiosas para el tratamiento de diferentes enfermedades o mejora de problemas antiestéticos de la piel. En Medicina se utiliza esta
Comience su programa de pérdida de peso 26 ago

Comience su programa de pérdida de peso

26/08/2020 Noticias
Programa de pérdida de peso Si tiene un sobrepeso grave y tiene un historial de dietas fallidas, el programa de pérdida de peso con Balón Gástrico puede ser la solución que necesita. El Balón Gástrico es una bola de consistencia blanda que se coloca en el estómago. Este se ingiere durante una

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.